top of page

ESTACIÓN DE OROSO-VILACIDE
 

A finais dos anos 70’s a estación foi derrubada, mais aínda os baños seguían en pé. No ano 1980 estes foron finalmente tirados

 

Nas proximidades había moita cantidade de negocios como por exemplo unha casa que servía como taberna, ultramarinos, e nela tamén vendían sal. Tamén había outra taberna coñecida como “A de liñares, unha carnicería e un restaurante. Asentabanse 3 leiterías, e a taberna coñecida como“Chico Chico”, un ferrador e un serradeiro, pertencente o ferrador a Pedro e serradeiro a Baltasar e a Elías Viqueira.

 

No almacén que había, gardábase o carbón mentres que a madeira se deixaba fora, e ambos levávanse nos vagóns principalmente A Coruña. Para A Coruña tamen iba moito leite, tiña mais relación ca estación de A Coruña que ca de Santiago.

 

Na estación tamén se permitía contrabando a moi pequena escala, chamado estraperlo. Por exemplo algúns veciños, cambian o carbón que traia o tren por outros productos como o café

 

 

A xente iba ata a estación tanto como para levar mercadorías como para viaxar por es3e había tanto negocio, traballo e manexávaase ali tanto diñeiro. A estación tamén contaba cun ferrador que se chamaba Pedro e un serrador que pertencía a Baltasar e Elias Viqueira.

 

A xente da zona di que foi unha gran pena que se tirara en baixo a estación dado que moita xente pasaba moito tempo e os rapaces xogaban arredor de ela

Estación da Pontraga

Antes aquí non exitía nada, era todo monte. A estación construírona na Agrela de Abaixo, na parroquia de Parada, en Ordes.

​

Entrando no recinto, á esquerda hai dúas casas acaroadas antes do depósito de auga. Ao lado da estación hai un pequeno edificio que se conserva onde estaban os baños e ao lado estaba a cantina, unha caseta pequena de planta baixa cun cantineiro que debía ser de fóra. Aquí vivía moita xente.

​

Había unha vía morta por un lado e por alí descargaban o cemento eran descargados por obreiros que logo se distribuían por toda a comarca, tamén amorábase moita madeira e moita marchaba.

​

Hai unha casa moi modernista

bottom of page