top of page
Lucas edit 1.jpg

ANTES

 

No século pasado construíronse centos de km de vías de tren que tiveron unha importante repercusión nos pobos dos arredores.O ferrocarril, dalgún xeito, modernizou os pobos polos que pasaba. Fai moitos anos bastante xente vivía grazas ao ferrocarril. Eran lugares onde había moita actividade humana, o que faría que se crearan negocios arredor.

​

A pesares que o ferrocarril é unha ferramenta moi útil, tanto pola velocidade como pola cantidade de mercancía ou pasaxeiros que se poden transportar, ten un moi elevado impacto negativo directo e indirecto nos ecosistemas e na biodiversidade ao seu redor.

A construción do ferrocarril fomenta unha fragmentacións dos ecosistemas, o cal é un problema para a conservación da diversidade biolóxica. Esta construción levou asociados unha serie de efectos sobre a natureza de Oroso. Un dos mais importantes efectos foi a perda de hábitats. Coa construción do ferrocarril apareceron barreiras que reduciron a superficie onde as especies podían colonizar e expandirse. Isto á súa vez provocou o efecto borde. Este efecto fai referencia ás modificacións nos procesos bióticos e físicos dun ecosistema producido pola interrupción da continuidade de hábitats que eran adxacentes, e dicir, desaparecen as áreas de transición e dous hábitats moi diferentes atópanse xuntos.

​

Asociado a isto comezou o illamento de especies, comunidades e colonias. O tamaño da poboación diminúe e dificulta a supervivencia. Outro problema fundamental é a diminución da variabilidade xenética que xorde do illamento entre membros dunha mesma especie.

​

Esta diminución aumenta considerable cos accidentes. Do mesmo xeito que as estradas, esta separación artificial dos ecosistemas que provoca o ferrocarril, pode levar a que a fauna que vivía neses ecosistemas antes da construción ferroviaria, sufra mais atropelos. Isto afecta en maior medida aos animais mais grandes.

​

Durante a construción do ferrocarril deberían haberse tido en conta o impacto nos ecosistemas intentando ofrecer pequenas solucións para reducir os efectos, por exemplo a construcións de corredores biolóxicos como acuedutos, viadutos, pasos inferiores e superiores que os animais poidan empregar. No caso do ferrocarril que pasaba polo concello de Oroso, como a construción foi fai moitos anos, non se tiveron en conta estas medidas.

​

​

​

​

​

​

​

​

 

​

​

​

​

​

​

​

​

DURANTE

Durante o funcionamento do ferrocarril, a fauna e flora de Oroso viuse afectada notablemente. Primeiro de todo, a creación das vías do tren utiliza materiais coma o formigón, o cal erosiona o chan facilitando a perda de vexetación arredor deste. A utilización de maquinaria pesada e a escavación producen vibracións no terreo que causan gran dano aos seres vivos do seu redor; como nos derrubamentos dos seus fogares, coma serían os tobos dos coellos ou das toupas.

​

Nos anos da súa construción, é moi probable que se liberaran moitos tipos de sustancias e materiais chegando a contaminar o ecosistema terrestre e acuático. Tamén, por culpa das escavacións cambiouse o curso e caudal dos ríos e regatos.

 

A causa da creación do tren moitos terreos orosáns quedaron divididos provocando así a división dos hábitats do lugar. Sendo este así un grave conflito para as especies que necesitaban moverse a outras partes do hábitat para realizar actividades tan ordinarias como a alimentación ou reprodución, causando graves problemas as especies terrestres (coellos, raposos, lobos, etc.) da zona orosán. Desta maneira, estas especies víanse obrigadas a; ou ben ter que cruzar aumentando a súa posibilidade de ser atropelados polo tren, o cal non solo afectaría aos animais senón tamén ao propio tren, ou a cambiar o seu estilo de vida e comportamento. Isto último, quere dicir, que tiveron que adaptarse as novas circunstancias que o tren presenta nas terras orosáns, creando novos fogares, novas rutas de alimentación e incluso a desaparición completa da especie na zona.

​

Por outra banda, os animais aéreos presentan un tipo de problemas, completamente diferentes. A vibración do ferrocarril provocaba movementos nas copas das árbores próximas, facendo así que certos niños quedaran destruídos, provocando que as aves tiveran que emigrar, grazas á nula posibilidade de establecerse na zona. Os ruídos constitúen un problema xeral para todas as especies, o que favorece a emigración destas. Por culpa da erosión do terreo, a vexetación secábase e volvíase un combustible perfecto para os posibles incendios que puideran ter lugar na zona.

​

Para concluír, nestes casos hai que plantexarse se todos os problemas causados polo ferrocarril compensan os seus beneficios. Dando que pensar sobre coma os seres humanos destrúen moitas vidas polo seu propio beneficio.

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

​

DESPOIS

 

Nos últimos anos, debido á decadencia da industria e a competencia do transporte por estradas, cerráronse moitas liñas de tren. Actualmente, hai moitas vías de tren que están en desuso. Unha delas era a liña que pasaba polo concello de Oroso.

 

Estas vías en desuso deben ser aproveitadas para outras accións como vías verdes. As Vías Verdes son antigos trazados ferroviarios reconvertidos en itinerarios non motorizados (para cicloturistas e sendeiristas), dos cales existen xa mais de 2000 quilómetros operativos distribuídos por toda España. Estas vías son unha ferramenta moi útil para promover a mobilidade da poboación fomentando o ocio e o deporte.

 

A vía verde é unha senda, creada moi recentemente a cal ten a intención de facer a nosa comunidade máis natural, eliminando os ferrocarrís nunha vía onde a xente poida gozar da natureza e poder coñecela moito mellor. Esta, de máis de 26 quilómetros de largo, percorre un trazo que vai desde Santiago ata Cerceda, pasando por diferentes municipios que contan con estacións de trens abandonadas, como Sigüeiro/Oroso. As persoas poden recorrer esta vía camiñando ou en bicicleta, por exemplo .

 

A principal intención era crear esta vía no ano 2005 desde Sigüeiro ata Ordes, por ser o primeiro tramo da modernización do Eixo Atlántico ferroviario. Os diferentes factores tanto económicos, como políticos, influíron en que a vía non se puidera crear ata 2021, xa que non todos os municipios quixeron investir neste proxecto.

​

Na actualidade esta vía é todo un éxito e iso que, por agora, so vai desde Sigüeiro hasta Cerceda, xa que agora estase a facer un tramo a Santiago coa intención de atraer a máis xente.

 

RECUPERACIÓN DA NATUREZA

Debido ao progresivo abandono da vía, antes de que o proxecto estivese en macha, a natureza fixo a súa aparición empezando a entrar nas vías pola súa conta. Así se continuou hasta que o proxecto da vía verde comezou e, con iso, empezáronse a quitar as vías. Tamén se cambiou o terreo e se plantaron moitas especies de árbores como carballos ou pinos. Destacar tamén que en determinados sitios da vía a natureza segue moi presente xa sexa por sitios inhabilitados ou abandonados como as antigas casas ou estacións...Por último dicir que pese a que a natureza non recuperou aínda todo o terreo perdido, nun futuro esta situación podería cambiar.

martin_6edit.jpg
foto4.jpeg


O impacto medioambiental
 

bottom of page