top of page

A emigración galega cara Suiza

Uns 40.000 galegos residen actualmente en Suiza, tanta é a sua repercusión que o galego atópase no quinto idioma estranxeiro máis falado; pese a toda a xente que emigrou non existen apenas traballos ou libros sobre o tema da mesma cara Suiza.


Os primeiros galegos que chegan 
a Suiza fano
no ano 1958 para axudarnas fábricas que non

paraban de traballar, mais adiante no ano 1961,
España e Suiza chegaban a un acordo para a
contratación de man de obra. Os que marchaban
a traballar chegaban en tren o cal pasaba pola
fronteira de Xenebra para despois chegar ao
leste do pais.



Para moitos emigrantes o ir vivir a Suiza foi un
gran paso xa que abandonaron a ditadura
franquista para pasar ao que realmente era o
primeiro mundo, moita da xente que voltou a Galicia teñen a Suiza sempre presente.


Os emigrantes galegos nunca chegaron a integrarse de todo xa que na industria, e mais tarde na construción tiñan que pasar probas de cualificación para acceder ao posto; tamén se crearon centros de reunión de galegos onde se reunían e intentaban encontrar traballo.


Os emigrantes tamén tiñan unha realidade un tanto traumática; xa que deixaban as súas familias atrás sen saber cando as verían outra vez, os que regresaban nos anos 1970 e 1980 puideron comprobar que as familias que deixaran atrás xa non estaban.


Tras a primeira xeración de galegos en Suiza chegaron mais, a segunda eran chamados “secondos’’, estes xa foron criados en Suiza e coñecen algunha das linguas oficiais, xa na te
rceira xeración non hai dificultade ningunha para integrarse, este grupo queda en Suiza e non volta a Galicia, como soñaban os seus pais.
 

bottom of page